martes, 31 de marzo de 2020

Hoxe recomendamos...

Nada mellor que un libro para estes días que temos que quedar na casa. Hoxe recomendamos unha historia dunha muller inconformista na España da II República, Papel y tinta de María Reig. Esta novela sitúanos no Madrid de principios do século XX. A protagonista é Elisa Montero unha muller de orixe humilde que é criada pola súa rica e misteriosa madriña, pertencente á alta burguesía madrileña. Elisa ten unha actitude rebelde ante os límites que establecen a súa condición feminina e a súa posición social social, quere ser xornalista e vivir o verdadeiro amor.

martes, 24 de marzo de 2020

LENDO NA CASA #EUQUEDONACASA

Durante este confinamento algunhas editoriais permítennos ler gratis libros do seu catálogo. Non é bo momento para ler e viaxar por medio da lectura? Aquí deixamos algunhas opcións para ler durante estes días: O grupo Planeta ofrece para descargar os seus títulos máis populares ata o 31 de marzo na web:www.keepreadingencasa.planetadelibros.com e en plataformas de libros virtuais. A editorial Anagrama únese a este movemento ofrecéndonos a descarga gratuíta destes cinco ebooks: -Las cosas que perdimos en el fuego, de Mariana Enríquez. -Un buen detective no se cansa jamás, de Marta Sanz. -Años felices, de Gonzalo Torné. -Fiesta en la madriguera, de Juan Pablo Villalobos. -Mis documentos, de Alejandro Zambra. Pola súa banda, a editorial Roca ofrece vinte libros para todos os gustos: novela negra, ciencia ficción, deportes, etc. Non temos excusa, leamos e quedemos na casa!!!

martes, 10 de marzo de 2020

Marzo: mulleres escritoras

O mes de marzo está dedicado ás mulleres escritoras. Se pasas pola biblioteca, verás a exposición de obras en distintas linguas: castelán, galego, francés e inglés de diferentes escritoras. Non esquezas, ademais, que dispoñemos dunha balda de igualdade con títulos representativos sobre o tema.

Novidades de ciencias e matemáticas

Na biblio tamén temos libros de matemáticas e ciencias. A que esperas?