viernes, 27 de noviembre de 2020
miércoles, 7 de octubre de 2020
EMPEZAMOS O CURSO 2020-2021
Chega un novo curso á biblioteca do IES García Barbón. Sabemos que é un curso
complicado, mais dende o equipo da Biblioteca seguiremos coa nosa actividade
tanto presencial como online. -En breve, teredes a vosa disposición o catálogo
online da biblioteca na páxina do IES. -Podedes vir nos recreos a prestar e
devolver libros. -Faremos concursos de relatos, debuxos, etc. que poderedes
entregar virtualmente a través do correo biblioteca.barbon.verin@gmail.com.
Agardámosvos un ano máis!!!!!
martes, 28 de abril de 2020
Lectura para hoxe: Historia absurda de España
Hoxe queremos recomendar un libro para pasar un bo rato lendo sobre a historia de España. Trátase dunha divertida obra chea de ironía e anécdotas que van dende os Reis Católicos ata a actualidade. Se queredes pasar un bo rato, recomendamos esta lectura. E lembrade, temos que quedar na casa, mais tamén podemos ler na casa.
#Eu quedo na casa #eu leo na casa. Moito ánimo!!!! Sairemos desta.
jueves, 23 de abril de 2020
O día do libro #Euleonacasa
O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro. Dende a Biblioteca do IES García Barbón queremos recomendarche libros para ler nesta cuarentena. Hoxe queremos recomendar a obra Oryx e Cracke de Margaret Atwood. Seguramente coñecades a esta autora pola súa magnífica novela O conto da criada.
Neste libro a autora sumérxenos nun futuro distópico no que os experimentos xenéticos están á orde do día. O relato comeza cun Home das Neves que co paso das páxinas irá desvelando a súa identidade. A través do flashback contásenos a historia de Jimmy, Oryx e Cracke que conflúe nun final realmente abraiante.
Aínda que agora non podemos ir ás bibliotecas, si temos á nosa disposición un amplo catálogo dixital nas redes de bibliotedas de Galicia na páxina www.galiciale.gal
Animámonos a ler nesta cuarentena? #Eutaménleonacasa
martes, 31 de marzo de 2020
Hoxe recomendamos...
Nada mellor que un libro para estes días que temos que quedar na casa.
Hoxe recomendamos unha historia dunha muller inconformista na España da II República, Papel y tinta de María Reig.
Esta novela sitúanos no Madrid de principios do século XX. A protagonista é Elisa Montero unha muller de orixe humilde que é criada pola súa rica e misteriosa madriña, pertencente á alta burguesía madrileña. Elisa ten unha actitude rebelde ante os límites que establecen a súa condición feminina e a súa posición social social, quere ser xornalista e vivir o verdadeiro amor.
martes, 24 de marzo de 2020
LENDO NA CASA #EUQUEDONACASA
Durante este confinamento algunhas editoriais permítennos ler gratis libros do seu catálogo. Non é bo momento para ler e viaxar por medio da lectura?
Aquí deixamos algunhas opcións para ler durante estes días:
O grupo Planeta ofrece para descargar os seus títulos máis populares ata o 31 de marzo na web:www.keepreadingencasa.planetadelibros.com e en plataformas de libros virtuais.
A editorial Anagrama únese a este movemento ofrecéndonos a descarga gratuíta destes cinco ebooks:
-Las cosas que perdimos en el fuego, de Mariana Enríquez.
-Un buen detective no se cansa jamás, de Marta Sanz.
-Años felices, de Gonzalo Torné.
-Fiesta en la madriguera, de Juan Pablo Villalobos.
-Mis documentos, de Alejandro Zambra.
Pola súa banda, a editorial Roca ofrece vinte libros para todos os gustos: novela negra, ciencia ficción, deportes, etc.
Non temos excusa, leamos e quedemos na casa!!!
martes, 10 de marzo de 2020
Marzo: mulleres escritoras
martes, 4 de febrero de 2020
PREPARADOS PARA O SAN VALENTÍN?
A biblioteca do IES García Barbón en colaboración con outros Departamentos organiza este ano un concurso literario ne visual de San Valentín para o alumnado do IES García Barbón.
So tes que vir á biblioteca coller unha tarxeta, facer un texto de cinco liñas orixinal e ilustralo.
Anímate e participa!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Novidades de ciencias e matemáticas
Na biblio tamén temos libros de matemáticas e ciencias. A que esperas?
-
Na biblio tamén temos libros de matemáticas e ciencias. A que esperas?
-
Hoxe queremos recomendar un libro para pasar un bo rato lendo sobre a historia de España. Trátase dunha divertida obra chea de ironía e anéc...
-
Durante este confinamento algunhas editoriais permítennos ler gratis libros do seu catálogo. Non é bo momento para ler e viaxar por medio da...