jueves, 23 de abril de 2020
O día do libro #Euleonacasa
O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro. Dende a Biblioteca do IES García Barbón queremos recomendarche libros para ler nesta cuarentena. Hoxe queremos recomendar a obra Oryx e Cracke de Margaret Atwood. Seguramente coñecades a esta autora pola súa magnífica novela O conto da criada.
Neste libro a autora sumérxenos nun futuro distópico no que os experimentos xenéticos están á orde do día. O relato comeza cun Home das Neves que co paso das páxinas irá desvelando a súa identidade. A través do flashback contásenos a historia de Jimmy, Oryx e Cracke que conflúe nun final realmente abraiante.
Aínda que agora non podemos ir ás bibliotecas, si temos á nosa disposición un amplo catálogo dixital nas redes de bibliotedas de Galicia na páxina www.galiciale.gal
Animámonos a ler nesta cuarentena? #Eutaménleonacasa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Novidades de ciencias e matemáticas
Na biblio tamén temos libros de matemáticas e ciencias. A que esperas?
-
Na biblio tamén temos libros de matemáticas e ciencias. A que esperas?
-
Hoxe queremos recomendar un libro para pasar un bo rato lendo sobre a historia de España. Trátase dunha divertida obra chea de ironía e anéc...
-
Durante este confinamento algunhas editoriais permítennos ler gratis libros do seu catálogo. Non é bo momento para ler e viaxar por medio da...
No hay comentarios:
Publicar un comentario