martes, 28 de abril de 2020

Lectura para hoxe: Historia absurda de España

Hoxe queremos recomendar un libro para pasar un bo rato lendo sobre a historia de España. Trátase dunha divertida obra chea de ironía e anécdotas que van dende os Reis Católicos ata a actualidade. Se queredes pasar un bo rato, recomendamos esta lectura. E lembrade, temos que quedar na casa, mais tamén podemos ler na casa. #Eu quedo na casa #eu leo na casa. Moito ánimo!!!! Sairemos desta.

jueves, 23 de abril de 2020

O día do libro #Euleonacasa

O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro. Dende a Biblioteca do IES García Barbón queremos recomendarche libros para ler nesta cuarentena. Hoxe queremos recomendar a obra Oryx e Cracke de Margaret Atwood. Seguramente coñecades a esta autora pola súa magnífica novela O conto da criada. Neste libro a autora sumérxenos nun futuro distópico no que os experimentos xenéticos están á orde do día. O relato comeza cun Home das Neves que co paso das páxinas irá desvelando a súa identidade. A través do flashback contásenos a historia de Jimmy, Oryx e Cracke que conflúe nun final realmente abraiante. Aínda que agora non podemos ir ás bibliotecas, si temos á nosa disposición un amplo catálogo dixital nas redes de bibliotedas de Galicia na páxina www.galiciale.gal Animámonos a ler nesta cuarentena? #Eutaménleonacasa

Novidades de ciencias e matemáticas

Na biblio tamén temos libros de matemáticas e ciencias. A que esperas?